Sunday 05 de May de 2024

Inaugurado o Mercado de Nadal na Porta do Sol con 16 postos e unha zona infantil


A praza da Porta do Sol viviu onte pola tarde a inauguración do Mercado de Nadal no que se despregan un total de 16 postos e unha zona infantil para ofrecer a oportunidade aos seus visitantes de mercar todo tipo de obxectos relacionados con estas datas navideñas.

O acto contou coa intervención do alcalde Manuel Ruiz, quen destacou que a iniciativa pretende contribuír a dinamizar o comercio local a través da instalación dun foco de atención como son os mercadiños navideños, moi arraigados en moitos sitios de Europa.

Entre os postos que integran a iniciativa situada fronte á igrexa de Santa Uxía figuran algúns de negocios riveirenses que recolleron a invitación a tomar parte na iniciativa. Os usuarios poden mercar nestas instalacións adornos, plantas e doces de Nadal, regalo, téxtil, artesanía, marroquinería, xoiería e libraría, ademais de degustar crepes, chocolate, viño quente, doces de Nadal…

O mercado cunha zona infantil aberta de 11.30 a 13.30 horas onde se desenvolverán obradoiros de adornos de Nadal con materiais naturais e de reciclaxe totalmente gratuítos. Os contidos do mercado se irán intercambiando con outra instalación similar en Vilagarcía para conferir unha maior variedade aos produtos en venda. O horario do mercado será de 11 a 14 e de 16 a 21 horas. Desenvolverase todos os días ata o 5 de xaneiro, agás o 25 de decembro e o 1 de xaneiro.

Despois da inauguración tivo lugar un obradoiro de guirnaldas de Nadal para todos os públicos. Do mesmo xeito, o sábado 28 de decembro dará cabida a partir das 18 horas a outro obradoiro gratuíto de menú de fin de ano saudable coa nutricionista Laura Rial. Incluirá degustación.

Suspensión por alerta vermella
Cómpre sinalar que o mercado tivo que ser suspendido hoxe sábado debido á alerta vermella.